Venres, 25 de xaneiro de 2008
Italia caracterizouse nos últimos tempos polos continuos cambios políticos no goberno da República. Coa chegada ao poder de Romano Prodi á fronte dunha coalición de partidos da esquerda, remataba o mandato do dereitos Silvio Berlusconi.
Sen embargo, o feito de chegar ao poder á fronte dunha coalición moi plural e moi diversa, xunto co factor de obter a maioría por un resultado moi estreito, facía que calquera división na fronte fixera tambalear o goberno.
Fai uns días, un dos ministros do goberno foi acusado de certos escándalos, e anunciou que coa súa marcha, o seu partido iríase da fronte gubernamental. Iso facía tremer a maioría que sostiña a Romano Prodi, e hoxe consumouse a caída nunha sesión parlamentar na que, por riba, houbo de todo menos orde, e que rematou coa dimisión do propio Prodi.
Podedes ler máis en todos os medios da rede, xa que é unha das noticias do día. Dende aquí, tedes un link á nova en Vieiros, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia e Gznación.

Comentarios Recentes