Xoves, 31 de xaneiro de 2008
A igrexa católica, esa á que pertencen, entre outros, os bispos que veñen de tildar unha vez máis de enfermidade a homosexualidade, ou aqueloutro que dixo que os menores, ás veces, os incitan a abusar deles, por non falar dos casos de pederastia… vén de considerar oportuno “orientar” o voto de cara ás eleccións do vindeiro 9 de marzo.
Segundo a nova que recolle hoxe o Gznacion, a conferencia episcopal non pide, de forma expresa, o voto para ningunha formación política. Isto na teoría, porque despois recomenda un voto “moralmente axeitado” e, entre outras lindezas, inclínanse por non votar a partidos que “negocien cos terroristas” (a alusión ao PSOE fica clara, incluirán tamén no saco ao PP?; temémonos que non, a pesar de que Aznar ou delegados seus si se entrevistasen con ETA) ou sinalan aos nacionalismos, indicando que admiten (”en principio”) a lexitimidade das súas posturas, pero mandándolles un recadiño ben claro: “hai que evitar a manipulación da verdade histórica e da opinión pública en favor de pretensións particularistas ou reivindicacións ideolóxicas”.
En fin, todo un compendio que se resume en dez puntos (si, como os mandamentos) que non teñen desperdicio e que vos recomendamos (podedes botar un ollo na propia páxina de Gznacion). Tamén podedes atopar información sobre este tema en Vieiros e La Voz de Galicia.

Comentarios Recentes