Outra traxedia nas costas galegas

Está pasando Engadir comentarios

Mércores, 16 de xaneiro de 2008

Os medios de comunicación asolágannos hoxe cunha nova triste noticia nas costas galegas e longas análises sobre por que tivo que volver acontecer.

 Desta volta chamouse “Cordero”, pero antes foron o “Siempre Casina”, o “Bahía”, o “Nuevo Pilín”, o “Isurus I”… e así un longo etcétera, até computar máis de 150 mortes no mar apenas nas últimas dúas décadas.

 Do presente naufraxio restan, polo de agora, un falecido, catro desaparecidos e tres supervivintes, entre estes un mozo das nosas terras, da vila de Ponteceso, que neste momento se atopa ingresado e a quen desexamos o mellor.

 A estas alturas todo o mundo se pregunta por que habendo regulamentación que limita o traballo no mar en casos de temporal dende o ano 1999 estaban esta e outras embarcacións faenando en circunstancias tan adversas; que acontece cos barcos de nova fabricación, xa que a data de moitas embarcacións afundidas é moi recente…

En fin, todos e todas agardamos e desexamos que as nosas costas non teñan que volver vivir unha traxedia deste tipo, e o noso apoio ás familias dos afectados.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in