Pardo de Cela

É historia Engadir comentarios

Domingo, 20 de xaneiro de 2008

O 25 de xullo é o Día da Patria Galega, mais esta data puido ter sido outra. Durante tempos o nacionalismo propuxo e reivindicou a data do 17 de decembro, data na que se conmemora o asasinato do Mariscal Pardo de Cela.

Pardo de Cela foi, quizais por propio interese, ben é certo, o símbolo da resistencia galega. Foi un dos últimos nobres galegos que opuxo resistencia á expansión e asimilación que se propugnaba dende a Castela dos Reis Católicos.

Para abundar na súa figura, velaquí o enlace a un interesante artigo do deputado Bieito Lobeira, “www.gznacion.com/bieitolobeira/index.php?cod=92“.

Tamén pode ser do voso interese a web que puxeron en marcha dende a Asociación Cultural Mundo da Galea, coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, “www.pardodecela.com“.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in