Sábado, 23 de febreiro de 2008
Comezou a campaña electoral, e nela podemos ver algo de todo, desde logo moito máis variado que os tres grandes partidos galegos. O xornal electrónico gznacion ofrecía onte unha interesante reportaxe sobre o tema.
Así, atopámonos con que fronte á ilegalización de diversas forzas políticas en Euskadi (e terían medo de que lles restasen representantes?), coa mesma Lei de Partidos na man permitiron que se presentasen outras forzas como Falange Española, Democracia Nacional ou Alternativa Española.
Entre as moitas excentricidades que atopamos na rede de parte destes colectivos, Alianza Nacional, por exemplo, ofrece unha enquisa na que se pregunta “¿Como acabar con el terrorismo separatista?”, e ofrece entre as alternativas, e non é coña: o garrote vil, o lanzamento dende helicóptero ou o aforcamento. Daría risa se non desen pena.
Deixamos por aquí un link no que, por exemplo, un destes partidos se queixa de que as forzas políticas se propoñan reducir o IVE dos preservativos, e nos que din postularse para defender as nosas raíces cristiás. Para votarse a chorar.
Democracia Nacional, pola súa parte, céntrase no seu obxectivo de “barrer a escoria” en referencia a toda a inmigración. Lamentábel.
E, xa como último mal rollo, os “descendentes” de Primo de Rivera, cantando o “Cara al sol”, e cunha musiquiña que xa anima a calquera cousa menos a facerlles caso:
O dito, que hai xente que da moita peniña. O triste é que eses dous grandes partidos que tanto axitan a Lei de Partidos cando se trata de Euskadi, permitan despois espectáculos tan lamentábeis.

Comentarios Recentes