Xoves, 28 de febreiro de 2008
Coas xa acostumadas reticencias do Partido Popular, que antonte anunciabamos que bloqueaba a posibilidade do debate, este ao final tivo lugar onde se programara: na canle pública galega, onte á noite.
O debate supuxo o primeiro encontro nun debate entre Feijoo, Touriño e Quintana, e levou polos carreiros xa previstos e previsíbeis. Feijoo anunciando que España necesitaba un cambio, Touriño sinalando que Galicia se sente cómoda na España plural de Zapatero, e Quintana reclamando para Galiza o seu espazo no Estado.
As lecturas dos partidos son as previsíbeis, cadaquén barrendo para casa. Neste enlace podedes ollar unha recolleita dalgunhas das intervencións máis interesantes e, no vídeo que segue, podedes ver o debate quen non tivestes a oportunidade de velo en directo. Dende aquí, simplemente, felicitármonos de que, por unha vez, a cidadanía poida escoitar ás diferentes forzas políticas contrastar as súas ideas. É un signo de normalidade.

Febreiro 28th, 2008 at 20:22
A verdade e que tardei en acordarme de que era o debate, será pq na rúa non se lle deu tanto bombo e non oín falar moito do tema, pero acordeime, e pillei os 25 minutos finais.
E bueno, paseino bomba, cada ves q o señore Freijoo dicia alghuna “tontaría” salianlle “Torito” e “Quin” o pescoso!! Digno de vere!! E cando Quin lles dixo o de que se compromoteran a votar en Madrid o mesmo que en Galiza calaron coma papóns!!Daba gloria velo! E hoxe vexo na Voz que na enquisa de quen gañou vai en cabeza Quin.
A ver se vale de algo, para que se nos oía en Madrid como se lles oe os cataláns e os vascos, e mesmo os andaluces que se lles oe máis que a nós!! As políticas catalanas e vascas, os seus sucesos, as súas decisións oénse nos telexornais, e a nos… de cando en cando, ou cando se nos empotra un petrolero nas costas, senón ostias! que se nos oia pero xa!!!!!
Marzo 8th, 2008 at 20:37
[...] campaña tivo algo de todo, por fin houbo debates, vivimos o aproveitamento da infancia, coñecemos a historia completa do “Mano dura, cabeza y [...]