Cambios de goberno

Alén Miño, Está pasando Engadir comentarios

Luns, 25 de febreiro de 2008

Hoxe vén de confirmarse o que xa se anunciaba fai uns días: a situación de Santa Comba deu unha reviravolta. Sete concelleiros/as do PP apoiaron a Miguel Pérez, candidato de IxSC, quen contou ademais para obter o bastón de mando cun dos edís da súa propia formación política.

 Pola contra, e como era de agardar, votaron en contra os dous edís do PSOE (entre eles o ex-alcalde) e dous concelleiros que concorreran na candidatura do propio Miguel Pérez nas eleccións municipais. Para completar o escarnio, non só parte da candidatura do novo alcalde votou en contra, senón tamén María José Ares Casal, unha das concelleiras máis veteranas do propio Partido Popular.

Xa que logo, o escenario en Santa Comba seguirá movido no que resta de mandato, onde ocuparán o goberno a maioría de dous partidos políticos (IxSC e PP) e quedarán na oposición PSOE, TEXA, e parte dos grupos de goberno (dous concelleiros de IxSC e unha do PP) que non apoian ao novo goberno pese a que si o fan os seus partidos políticos. Total, un pouquiño de todo.

 Tamén cambiou, ou non, a situación en Cuba, onde se escolleu como novo Presidente a Raúl Castro, quen sucede a seu irmán Fidel, e deixa inicialmente pechadas as esperanzas dunha transición na illa.

1 Comentario a “Cambios de goberno”

  1. Gurugú dixo:

    Parabéns polo blog, no que non tivera ocasión de deixar comentarios ata o de agora.

    Fálase moito estes días de “Transición” en Cuba. Eu pregunto: “transición” de que? “Transición” para que? Lamentabelmente, axiña os defensores da tan traída “transición” acaban por amosar as súas cartas e recoñecen que “democracia”, “liberdades cidadás” ou “respecto polos dereitos humanos” son para eles sinónimo de “capitalismo selvaxe”, o sistema económico no cal o Imperio devece porque Cuba entre xa, como man de obra barata e, á vez, como consumidores de bens, produtos e servizos.
    Se non fose así, interesaríalle a alguén no mundo realmente (especialmente a todos os que o están a dicir) que en Cuba houbese unha democracia “á occidental”? Sobra a resposta.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in