Chegou o “google” galego

Xente na rede Engadir comentarios

Mércores, 20 de febreiro de 2008

De primeiras, máis de un pensaría que se trataba dunha broma, do particular sentido do humor dos galegos, dunha boa dose de retranca.

Pero resulta que non, que non é carallada. Naceu, podedes traballar con el, www.jujel.es, o primeiro buscador de internet galego.

O “jujel” é unha versión do coñecido “google” (está feito coa complicidade desta compañía), pero que, nas súas búsquedas, prioriza os resultados das páxinas en galego. Funciona exactamente igual que o orixinal, e facilita a búsqueda de referencias na nosa lingua. Moitas veces atopámonos conque ao realizar unha búsqueda, aparecen milleiros de resultados. O “jujel” pon diante de todos os demais, os resultados de páxinas en galego.

Consideramos que é unha boa noticia. Máis aló da retranca do nome (a páxina, por exemplo, ten unha explicación de porque “jujel”, con “j”, cando esta letra non existe na nosa lingua) como guiño que é á “gheada” da Costa da Morte e doutras zonas do país, é tremendamente positivo que a nosa lingua vaia conquistando espazos tamén na rede. Dádelle uso.

1 Comentario a “Chegou o “google” galego”

  1. Meig dixo:

    Eu penso que non é de todo bon publicitar esto. Paréceme, persoalmente absurdo. Esto do jujel e do negroogle que se están popularizando mediante mailing indiscriminado (xa sabemos que a xente reenvía todo os seus contactos só porque lle diga que vai ter mala sorte) son webs de particulares, q non fan nada máis que poñer unha web q poña: jujel, e un cuadradiño de búsqueda de google. Con esto quítanse pasta. Eles non fan nada, a infraestructura é de google, o buscador é google, a rede é a de google, pero google pagalle ó particular X que monta jujel ou negroogle por levarlles búsquedas…E a saber quén é o particular X, pero non me parece unha forma lícita de enriquecerse xa que a xente que non entende (que nin sabe realmente qué é google, e que hai detrás…)pensa que realmente alguén se currou un buscador en galego (nada máis lonxe da realidade). Co cal con esto so se fomenta o enriquecemento de algúen, que para máis inri débelle facer gracia o uso, ó meu parecer, burlón da gheada, e que veu un nicho de enriquecerse a costa dos que valoramos o noso idioma e a nosa terra. (Jalisia?¿?, mátame camión, nunca tal vin!!!) Gha Gha Ghalisia ché!!!!!!

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in