Domingo, 17 de febreiro de 2008
María Reimóndez é unha desas mulleres especiais que nos deixan os tempos actuais. Con tan só trinta e dous anos, é unha escritora xa recoñecida nas letras galegas, onde ten publicado títulos como “O club da calceta” ou “Moda galega”, e gañado premios como o Rúa Nova ou o Minerva, ademais de ser finalista do Premio Xerais.
Pero o que convirte en especial a María Reimóndez é quizais a súa dedicación desinteresada aos demais. É presidenta e fundadora da ONG Implicados/as no Desenvolvemento, coa cal pasou longas estadías na India, onde traballaron fundamentalmente con colectivos de mulleres.
Na actualidade, coa súa ONG, está traballando noutro lugar do mundo nunha complexa situación: Etiopía. Semana a semana, podemos facer seguimento da súa estadía no continente africano a través das súas colaboracións na web, relatos que recomendamos.

Comentarios Recentes