Martes, 05 de febreiro de 2008
Hoxe, dando unha volta pola rede, recomendamos un artigo de José Luis Sucasas publicado fai uns días no portal Vieiros, que leva por título “Eu non son español“.
José Luis Sucasas é lalinense de nacemento, enxeñeiro técnico informático de profesión, escritor en tempos soltos (ten publicado dúas obras, “O paxaro que ninguén ve” e “Soñaron buratos na terra”) ademais de colaborar habitual, en forma de artigos de opinión, no portal Vieiros.
Neste artigo, José Luis Sucasas reflexiona sobre o significado despectivo que moitas veces se outorga aos vocablos “nacionalismo” e “nacionalista”, e reflexiona sobre a importancia relativa do feito diferencial. Un artigo certamente recomendábel para todas as mentes abertas.

Comentarios Recentes