Sobre a necesaria derrota do PP

9-M, Hoxe recomendamos... Engadir comentarios

Sábado, 09 de febreiro de 2008

Hoxe recomendamos un artigo de Dani Álvarez, e a quen xa temos recomendado, penso, noutras ocasións. Este rapaz nado na Galiza e actualmente residente en Euskadi reflexiona sobre un tema que para os nacionalistas é tamén de moito interese: a necesaria derrota electoral do PP.

As posturas políticas mantidas polo Partido Popular son antitéticas, non só coa nosa visión do mundo, senón en moitos casos cos máis elementais conceptos democráticos.

O artigo de Dani Álvarez reflexiona sobre as máis extremas posicións defendidas polo PP na última lexislatura, e tamén na anterior, na que ocuparon o goberno, e hai un artigo que quizais resume perfectamente o sentimento que poderíamos entresacar:

” Hai que derrotar ao partido que dixo que “votar a calquera que non sexa o PP será votar porque ETA volva ás institucións” (Aznar), ao que acusa a PNV, EA, BNG, ERC e PSOE de dar soporte a ETA, ao que sinalou que os gais son fillos de pais “hostís” e “alcólicos” (Aquilino Polaino), ao que enganou dicindo que o “colapso nas urxencias dos hospitais débese a que os inmigrantes descubriron a grandeza do sistema sanitario” (Cañete), que o 11-M fora obra de ETA e dunha conspiración policial controlada polos socialistas, aos que fixeron que os mortos votaran en Galiza, aos que dixeron que a política lingüística da Xunta era semellante á do franquismo (Núñez Feijoo), ou que o franquismo foi un tempo de “extrema placidez” (Mayor Oreja), que había armas de destrución masiva no Iraq…

En fin, como observades, unha retaíla de razóns para infrinxir unha dura derrota ao PP, unha derrota que só pode vir por un aumento de peso do nacionalismo, toda vez que o PSOE navega entre a indefinición e a loita por copar os espazos da dereita. Só o nacionalismo parece ser unha vía de profundamento nos dereitos sociais e na democracia durante a vindeira lexislatura.

Por outra parte, aproveitamos para recomendar unha visita á columna que no xornal Galicia-Hoxe ten o debuxante López, que nos ofrece unha visión diferente, en forma de viñetas, sobre a realidade do momento e, arestora, como non podía ser doutro xeito, desta campaña electoral. Totalmente recomendábel.

1 Comentario a “Sobre a necesaria derrota do PP”

  1. Meig dixo:

    Home ser é necesarísimo, e máis ahora que nin se esforzan en esconder o plumero, cando xa non van de centristas e de guays, cando se lles caeu a máscara e aínda encima o proclaman con orgullo, o mesmo orgullo que queren que os demáis reprimamos, o orgullo pola patria, o orgullo dunha identidade sexual que se escapa ás súas doctrinas… E o peor e que canto máis van de radicales ultradereitistas parece que máis xente lles fai caso. Cando menos é patético!!! Pero asi e todo non penso que ganen, costar vailles costar ca de burradas q andan diciendo!!!

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in