Venres, 08 de febreiro de 2008
As campañas electorais son momentos nos que todas as forzas políticas intentan convencernos das súas bondades, e amosar a súa cara máis amábel. No PP, sen embargo, semella que isto non pretende ser así.
Despois de moito tempo en que tentaron convencernos da súa viaxe ao centro (viaxe pouco críbel estando liderada por un ex-colaborador da ditadura, Manuel Fraga), a vertente máis dereitista tomou o poder e, trala caída de Ruiz Gallardón, amosan novos e preocupantes signos de ranciedade no PP.
Esta forza política ven de presentar como candidato ao Senado pola provincia de Albacete ao ex-xornalista Dimas Cuevas, coñecido no zona onde dirixía un xornal no que verqueu fortes comentarios homófobos. Velaquí un extracto das súas xoias:
“Las bodas de lesbianas tendrán que incluir diversas variedades de tortillas [...] y los convites para homosexuales serán a base de perritos calientes y plátanos al horno”.
“Si la palmo antes de lo previsto, prohíbo que den a mis chiquillos en adopción a ningún matrimonio de gays, lesbianas o mediopensionistas. Sólo falta que los traigamos al mundo, los criemos y los eduquemos, para que luego acaben los pobres rodeados de cualquier cosa.”
“Sólo me cabe una duda: si los que se casan son dos machos (con perdón) y en el supuesto caso de que uno de los manchegos matrimoniados tenga la mano larga, ¿su pareja tendrá derecho a la protección de la nueva ley contra la violencia de género? Supongo que, siguiendo la Ley de Mahoma, sólo será así si el maltratado es el que toma…”
Por unha banda hai que recoñecer que está ben que os partidos políticos se desenmascaren e nos presenten a súa verdadeira faciana. Por outro non podemos máis que lamentar que un partido que di ser alternativa de goberno nos presente no século XXI a alguén tan retrógrado.
Claro que non é o único. O ex-ministro e novamente candidato Arias Cañete tamén se destapou onte cunhas declaracións nas que culpaba á inmigración de diversos males da sociedade española, entre eles as colas na sanidade e o baixo nivel de formación en determinados postos de traballo. Non, a culpa non é nin da falta de investimentos en sanidade nin do empresariado que nin forma nin lle preocupa a formación, senón dos inmigrantes. Que fácil culpar ao indefenso, será que os inmigrantes non votan nestas eleccións?

Comentarios Recentes