A importancia do voto para unha vida feliz

9-M Engadir comentarios

Luns, 03 de marzo de 2008

Reflexionabamos onte sobre as enquisas electorais (hoxe é o último día que se poden publicar) de cara ao 9 de marzo, pero hai unha que vén de coñecerse e que quizais non entra nos patróns comúns dos estudos demoscópicos.

Na presentación do X Congreso Español de Sexoloxía, deuse á luz un estudo elaborado por SigmaDos que desvela interesantes datos no que se refire á relación entre a intención de voto e o placer sexual. As diferenzas, entre as mulleres, son menores. Sen embargo, entre os homes, os máis felices e satisfeitos sexualmente son os que non votan nin a PP nin a PSOE, son os que máis gozan das súas relacións sexuais (un 42%), dez puntos porcentuais por enriba dos votantes das dúas forzas estatais.

Xa que logo, e estando como estamos en véspera de eleccións, e sendo este, a moito que non o pareza, un estudo serio e rigoroso, pregamos a quen lea este estudo que recomende, o vindeiro 9 de marzo, que todos os seus amigos galegos voten ao BNG. Se non o fan polo país, que o fagan como un acto de egoísmo, pola propia felicidade.

Outro dato interesante é que o nivel de satisfacción sexual é moito maior entre os agnósticos, onde se acada a interesante cifra do 89% dos que se din satisfeitos, fronte a apenas un 30% de católicos practicantes. Quizais haxa moito de certo no estudo, e incluso na interrelación entre determinadas forzas políticas, determinadas confesións relixiosas (e a súa petición de moderación sexual, limitada só a procrear) e a súa felicidade.

Nós, dende aquí, convidamos a todo o mundo a ser feliz. Convidamos á xente a ser feliz exercendo o seu voto este domingo, pero tamén e sobre todo a ser feliz na súa vida, tanto pública como privada.

1 Comentario a “A importancia do voto para unha vida feliz”

  1. Mullerinha dixo:

    Primeiro darvos a noraboa polo blog. En canto a este estudo , levei unha gran alegria cando o lin,será porque son moi feliz!?!jaja.
    É unha pena que non saíra antes publicada, pero a verdade é que era o único que lle faltaba o pobre do Freixó, que se xa tiña poucas posibilidades de chegar a algún lado na política, van e inda lle din que non é feliz. Pobre home!!Despois do 9-m inda o goberno lle vai ter que pagar unhas sesións de tai-chi ou algo a el e ó Raxo!!
    TENDES TODAS E TODOS O VOSO VOTO CLARO, VERDADE??

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación