Venres, 07 de marzo de 2008

Ninguén os chamara, ninguén lles pedira opinión, pero coma decote, os energúmenos da ETA quixeron deixar a súa impronta na campaña electoral que hoxe remata. A súa opinión é lixo, a súa opinión é dicir que pasan da democracia, pero non imos facerlle caso ningún. A morte hoxe dun ex-concelleiro do Partido Socialista de Euskadi supón un atentado máis a aquilo que máis aprezamos: a nosa liberdade de expresión. Por iso o condenamos firmemente, porque non teñen dereito a impoñernos o seu silenzo.
Dende esta humilde tribuna, chamamos a quen nos lea a seguir adiante, a non escoitar a súa mensaxe. E a mellor maneira é reafirmarnos no noso compromiso democrático, reafirmármonos no voto tal e como o faríamos se eles non tivesen falado, votando a quen fósemos a votar. Porque se cambiamos a papeleta que tiñamos preparada, ETA gaña.
Por iso, dende aquí reclamamos máis unha vez, este domingo, votemos como galeg@s, máis convencidos/as do que xa o estabamos. Pola democracia, pola dignidade, polo país.



Comentarios Recentes