Miles de galegos/as, perigo público da noite para a mañá
Está pasando, O que hai que oír Engadir comentariosXoves, 27 de marzo de 2008

Pois si, amigas e amigos. Por se non o sabiades, moitos e moitas de vós sodes, dende xa, sospeitos@s. Así, porque si. Ou mellor dito, porque semellades perigos@s.
Vén de desvelarse que nalgúns documentos internos da Garda Civil se recomenda vixiar e tomar nota de vehículos ou persoas que porten determinada simboloxía, entre esta o famoso GZ (que pulula en numerosos vehículos país adiante, van ter traballo), o escudo deseñado por Castelao co lema “denantes mortos que escravos” ou a bandeira galega con estrela.
Así, de súpeto, todas as persoas que porten algún destes símbolos son consideradas dende xa perigosas polas forzas da orde. E vai máis aló, xa que se chega a afirmar que en Galiza está presente o segundo maior problema de terrorismo de España. Case nada, amigos e amigas: moito ollo co que agochades…
Resulta paradoxal esta circunstancia contrastándoa con outro feito que tivo lugar onte no Parlamento galego. Saiu adiante unha iniciativa do BNG que promove a eliminación dos nomes fascistas dos edificios públicos do país. A iniciativa saíu adiante mais, como era de agardar, outra volta o PP votou en contra.
Estes, xa que logo, son os verdadeiros demócratas. A quen se nega a retirar a Franco dos nosos rueiros nada lle pode pasar porque seica son os bos, eses trinta e sete deputados e deputadas que se negan a borrar o fascismo das nosas vidas agora semella que son a quinta esencia da democracia. No entanto, quen pensamos que outro mundo e outra Galiza é posíbel somos, dende xa, sabédeo, perigos@s.

Marzo 28th, 2008 at 09:31
E eu pensando que as cousas mudaran… Manda truco…
Para moitos seguemos sendo Jarraicitos, estas cousas non fan máis que aumentar as ganas de luitar.