A lingua a pacer

O que hai que oír Engadir comentarios

Sábado, 12 de abril de 2008

Falar non ten cancelas, e iso ten as súas consecuencias, aquí e polo mundo adiante. Este feito orixina que, quen ollamos día a día a prensa e a rede, nos teñamos que atopar con barbaridades e tonterías de parte de xente á que se lle presupuña un bo nivel intelectual e cultural.

O fiscal xefe de Lugo, seguindo o que parece querer converterse nunha moda pero que non é máis do que unha ofensiva clara e intencionada, vén de poñer o berro no ceo porque Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial editasen unha guía para informar ás vítimas dos malos tratos en galego. Di que, deste xeito, hai mulleres que perden parte do seu dereito á información. En fin, para que se vexa todo o que nos queda aínda por loitar pola normalización da nosa lingua.

Alén Miño, Berlusconi preséntase mañá, unha vez máis, como candidato á presidencia de Italia nunhas eleccións que foron anticipadas. Esta semana o nada discreto presidente do Milán, un dos principais equipos de fútbol italianos e dono de varios medios de comunicación, destapábase cunhas declaracións que demostran o seu calado intelectual: “a esquerda non ten gusto nin para as mulleres”. Sinalaba que, cando falaba no Parlamento, ollaba as bancadas e se daba conta que as mulleres dos partidos de dereitas eran máis guapas. Se, como din as enquisas, acaba saíndo presidente, cando menos non faltarán titulares nos próximos meses.

1 Comentario a “A lingua a pacer”

  1. Nieves dixo:

    Dende logo, o que hai que oir por non ser xorda e o que hia que ler por non ser cega….a este Berlusconi quen o asesora nos seus dicursos…o asesor do alcalde de Ponteceso ou que…para empezar paréceme vulgar semellante tipo de discurso para intentar acadar votos, para seguir é moi triste que no siglo XXI se nos siga valorando as mulleres polo noso aspeito físico e non polo que valemos realmente como persoas…e neste caso como políticas e por último e xa rebaixandome o nivel vulgar deste fulano…eu non son de dereitas e da gusto verme o guapiña que son…que volo diga Rafa, que sempre me presenta como a Concelleira máis guapa de Bergantiños…jajaj

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in