Domingo, 13 de abril de 2008
O 10 de abril de 1998 asinábanse os Acordos de Venres Santo. O acordo, asinado por católicos e protestantes, puña fin a unha longa enemistade que tiña provocado máis de 3000 mortes nunha loita fraticida, e abría o camiño cara a paz en Irlanda do Norte.
O paso case definitivo chegaría aínda anos despois, a finais de 2005, cando o Exército Republicano Irlandés (IRA) entregaba as armas e renunciaba ao uso da violencia. Dende entón, Irlanda do Norte coñece un período de estabilidade inédito dende a partición da illa no 1921.


Comentarios Recentes