Un libro, un mundo

É historia Engadir comentarios

Mércores, 23 de abril de 2008

23 de abril, Sant Jordi para Cataluña, día internacional do libro en todo o mundo. Esta data foi escollida pola UNESCO por coincidir como data sinalada na biografía de moitos dos grandes literatos que ten dado a historia: foi a data de falecemento de Cervantes e Shakespeare, pero tamén nesa data naceron ou faleceron outros moitos, como Garcilaso de la Vega, Maurice Druon, Vladimir Nabokov ou Josep Pla.

Por esta razón, todos os concellos, todas as institucións acostuman dedicar esforzos nesta xornada a promover a literatura e o libro. Nós aconsellamos que non se circunscriba a esta xornada: a lectura e o coñecemento fannos libres, así que leamos todos os días do ano.

Tamén hoxe se coñecía a proposta da Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza de lanzar un programa de promoción do libro e a lectura, plano ambicioso con máis de un millón de euros de investimento. Quizais teña algo que ver nesta intención o dato, tamén coñecido nestas xornadas, de que Galiza é a rexión do estado onde menos se le, curiosamente sendo un dos lugares onde máis se publica.

Política á marxe (unha política de promoción do libro, se é seria, sempre será benvida), non deixedes de ler aos clásicos e aos novos, o ensaio e a ficción, o que semella que nos gustará e o que semella que non: cada libro é un mundo, e a súa descuberta unha aventura apaixonante.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in