Luns, 21 de abril de 2008
Aprofundando no tema da lingua que xa onte tratabamos, e un pouco máis en serio, aconsellamos hoxe unha reflexión tranquila sobre a situación social da nosa lingua da man de xente quizais máis informada e documentada que nós.
Xosé Ramón Pousa reflexiona na Nosa Terra sobre a situación do galego nos medios e os supostos efectos das tan traídas e levadas subvencións polo uso do galego. Bótalle un ollo aquí.
Xosé María Palmeiro enfronta no Galicia-Hoxe o tan manido discurso da liberdade e o bilingüismo a raíz do seu propio caso particular. Aquí o enlace.
Recuperamos tamén un artigo escrito fai xa tempo por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sobre a postura particular que deberiamos afrontar nas situacións cotiás de conflito. Bótalle un ollo.
E xa por último, recomendamos a lectura dun interesante artigo de Alexandre Banhos sobre o bilingüismo e a teoría que sustenta a grupos como Galicia Bilingüe. Interesante reflexión.
Boa lectura.

Comentarios Recentes