Venres, 16 de maio de 2008

A poucas horas para unha nova conmemoración do Día das Letras Galegas e a algunhas máis de que teña lugar en Santiago de Compostela unha grande manifestación polo dereito a vivirmos en galego (domingo, ás 12, na alameda) xorde unha nova iniciativa na rede: Blogues pola lingua.
A iniciativa pretende poñer en marcha dende a rede diferentes iniciativas de promoción e defensa do galego, e conta xa co apoio de máis dun cento de bitácoras (entre elas Nas terras de Pondal) apenas 48 horas despois de botar a andar.
A iniciativa xorde dun grupo de media ducia de blogueiros/as que decidiron buscar a unión de quen escribimos en galego na rede dunha forma consciente. A idea débeselle a Xabier Pérez Igrexas (Contradiscurso 3.0), Xacobe Abel Fernández (Sempre en Galiza), Silvio Falcón (O caderno do Silvio), Silvia Bermúdez Pérez (Galiza Subversiva), Alberte Mera (O do Alberte) e o blogue Selva de Esmelle. Parabéns.

Comentarios Recentes