Martes, 13 de febreiro de 2008
Onte falabamos de tres monstros do humor, mais hoxe temos que falar doutro tipo de monstruosidades. E é que o falar non ten cancelas, e por iso é que nos queda moito que oír, moitas barbaridades. A liberdade de prensa é unha máxima de calquera democracia, a independencia desta debera ser unha das súas virtudes. Nestas nosas terras, lamentablemente, non é así.
O nunca suficientemente ben valorado xornal La Razón deleitábanos fai uns días cunha noticia (non está, cando menos na súa edición dixital, asinado por ninguén, polo deben consideralo noticia) sobre a actividade do polifacético Séchu Sende. Neste artigo, que leva por título “Las obscenidades, también en gallego”, ponse, por así dicilo, a caer dun burro, ao Séchu, collendo de forma literal preguntas que tiñan un claro ton retórico. Claro está, se non nos queremos entender, pois non nos entendemos. Se o artigo é “para enmarcar”, hai que destacar que a resposta no blogue Made in Galiza tamén é apoteósica. Lédea.
Pero La Razón, con ser antigalego, non é quizais o peor dos medios de comunicación. Para quen guste das emocións fortes de verdade, que se atreva con Libertad Digital. Por exemplo, en días pasados atopámonos con este artigo de Cristina Losada. O título, novamente, dío todo: “La cría del alevín de nazi”. “Centros de adoctrinamiento nacionalista”, “así las gastan los nacionalistas” ou “Con el consentimiento de los necios, avanza la cría de los pequeños nazis” son algunhas das lindezas. Quen teña estómago de abondo, que lea o artigo completo.
Se alguén aínda non tiña razón para estar este domingo na grande manifestación nacional de Santiago de Compostela, agora xa a ten. Que non falte ninguén!!

Comentarios Recentes