Domingo, 18 de maio de 2008
Hoxe foi unha xornada de manifestación, de loita, unha xornada na que milleiros de galegos e galegas saímos á rúa a defendermos o dereito a vivirmos en galego. Hoxe tamén é, quizais, un bó día, para lembrar e denostar a quen fixeron e fan todo o posíbel porque o galego non teña as súas mil primaveras máis.
Fai uns días, a web Galicia Profunda facía públicos os gañadores dos antilingua. Nas respectivas categorías, Franco, Paco Vázquez e Gloria Lago (de Galicia Bilingüe) foron recoñecidos como inimigos do galego. Dende aquí, con todos os respectos, o noso desprezo máis absoluto.





Comentarios Recentes