Luns, 12 de maio de 2008
Esta semana estamos de noraboa: os que quizais sexan os tres mellores contadores do país estarán na bisbarra de Bergantiños nunha semana das letras con espectáculos para todos os gustos. Deixámosvos aquí un aperitivo destas actuacións, animándovos a ir velos e a participar do resto de actividades.
Primeiramente, o mestre Quico Cadaval actúa hoxe mesmo, ás dez da noite, na Casa dos Veciños do Couto, dentro do programa das Festiletras. Do pouquiño que demos atopado no Youtube deste home xenial deixámosvos aquí un entrante. A calidade non é moi boa porque esta xente, afortunadamente, ten o san costume de baixar a botar contadas ás tabernas, e nunha destas é onde se fixo a gravación.
Xa o mércores, Candido Pazó repetirá hora e escenario. De veras que o programa das Festiletras, no seu conxunto, merece un dez. Velaquí unha píldora de Candido Pazó.
E xa o venres, ás nove da noite, actuará no Pazo da Cultura Carlos Blanco, desta volta acompañado por Manecas Costa, que acoden a presentar o seu novo espectáculo conxunto. Na rede atopamos varios vídeos do seu programa “Somos potenzia”. Velaquí un deles.
O dito, a gozar da semana das letras, e o domingo non se esquecer: manifestación nacional en Santiago de Compostela polo dereito a vivirmos en galego.

Comentarios Recentes