Xoves, 22 de maio de 2008
Fermosa reportaxe audiviosual do xornal A Nosa Terra sobre a manifestación polo dereito a vivirmos en galego do pasado domingo.
Xoves, 22 de maio de 2008
Fermosa reportaxe audiviosual do xornal A Nosa Terra sobre a manifestación polo dereito a vivirmos en galego do pasado domingo.
Mércores, 21 de abril de 2008
Unha das peores cousas que, en grande parte, aínda perviven na política é a hipocresía. Na época do “talante” e do discurso politicamente correcto, abunda, sobre todo dentro do partido socialista, unha dobre vara de medir, segundo se trate de falar en público ou de actuar. Hai quen, directamente, sobe ao estrado sabendo que o que di non o vai cumprir. Iso é lamentábel.
Martes, 20 de maio de 2008
Hai formas e formas de entender a liberdade de expresión, e a “parroquia popular” ten o seu xeito particular. Un modelo que xa teñen contrastado, por exemplo, na Laracha, queren imitalo agora tamén no veciño concello de Coristanco.

Luns, 19 de maio de 2008
No día despois da grande manifestación pola lingua que congregou en Compostela a milleiros de galegos e galegas, hoxe todos os medios se fan eco da nova. Velaquí unha escolma: Vieiros (con dous vídeos), A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Gznación, Xornal…
Sábado, 17 de maio de 2008
No Día das Letras (e mañá, odiadas letras, que diría O Carrabouxo), é un bó día para clamar contra quen aproveitan este día de forma folclórica (institucións, La Voz de Galicia…) para presumir dunha lingua que ignoran os 364 días restantes do ano. Por iso, hoxe máis que nunca, lembramos e damos cabida aos versos do grande Celso Emilio Ferreiro.
DEITADO FRENTE Ó MAR…
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…
Mércores, 14 de maio de 2008
Ramón Varela, alcalde de Malpica de Bergantiños, quizais sexa unha das persoas máis idóneas da actualidade para explicar a teoría da relatividade, ou, índomos ao caso concreto, como un papel pode circular de Malpica de Bergantiños á Coruña en apenas dous días, e como outro papel, en principio de semellantes características, tarda un mes en chegar a Madrid, se é que chegou. Poida que as comunicacións coa capital do Estado non estean no seu mellor momento, ou pode que o servizo de correos atope unha fronteira natural nalgún punto entre A Coruña e Madrid, non o sabemos.
Martes, 13 de febreiro de 2008
Onte falabamos de tres monstros do humor, mais hoxe temos que falar doutro tipo de monstruosidades. E é que o falar non ten cancelas, e por iso é que nos queda moito que oír, moitas barbaridades. A liberdade de prensa é unha máxima de calquera democracia, a independencia desta debera ser unha das súas virtudes. Nestas nosas terras, lamentablemente, non é así.
Comentarios Recentes