Xoves, 15 de maio de 2008

Global Voices Online pide que hoxe a blogosfera dedique a data a rememorar o padecemento do pobo palestino. O motivo da escolla é que foi un 15 de maio de hai xa 60 anos que o pobo israelí decidiu asentarse nunha terra que non era súa, o cal deu lugar ao conflito de Oriente Medio, que dura até hoxe. A desigual correlación de forzas, co indignante apoio dos EEUU a Israel, fai que o movemento antiimperialista non poida estar máis que do lado palestino e reclamar dende xa a fin da ocupación e do uso da violencia.
Diversas webs galegas recollen hoxe novas sobre Palestina, como Vieiros, Chuza ou A Nosa Terra. Dende aquí, humildemente, co pobo palestino, até a vitoria sempre.

Comentarios Recentes