Mércores, 21 de abril de 2008
Unha das peores cousas que, en grande parte, aínda perviven na política é a hipocresía. Na época do “talante” e do discurso politicamente correcto, abunda, sobre todo dentro do partido socialista, unha dobre vara de medir, segundo se trate de falar en público ou de actuar. Hai quen, directamente, sobe ao estrado sabendo que o que di non o vai cumprir. Iso é lamentábel.
Vén a conto a reflexión por unha nova de hoxe: un veciño da Coruña, Ovidio Bao, de 87 anos, denunciou ao alcalde por incumprir a lei da memoria histórica.
Canto non se terá fartado o PSOE de falar da memoria histórica, de botarlle en cara ao PP as súas raíces na ditadura… E mirade por onde, A Coruña, ao igual que no tema da lingua, é sitio distinto.
Denuncia Ovidio Bao, e profundiza na denuncia Manuel Monge (da Comisión para a Recuperación da Memoria HIstórica), que na Coruña aínda se mantén unha vidreira franquista nin máis nin menos que no edicifio do Concello, na propia sede administrativa representadora dos intereses da veciñanza coruñesa. Por non falar de todas as rúas que aínda manteñen nomes alusivos á ditadura (General Mola, General Sanjurjo…), algunhas incluso con estatua incluída, como a de Millán Astray.
No entanto, toda resposta que deu Losada cando se lle preguntou foi “se hará lo que se tenga que hacer”. Manda truco, co claras que din as cousas cando queren, e canto lles custa falar ás veces. Menuda progresía a do PSOE, e que dobre vara de medir…


Comentarios Recentes