Quizais non sexa un bo día para este comentario, ou quizais sexa o día. Nadar contra a corrente pode considerarse un suicidio, mais no dialéctico debe considerarse un deber se non queremos quedar subsumidos no pensamento único, posto que “a corrente” (se entendemos como tal o aparello mediático sementador de opinión) camiña sempre no mesmo sentido da marcha, aínda que unhas veces, como é o caso, o faga cunha virulencia esaxerada. Falemos, entón, de fútbol, e de como algo tan banal se converte en santo e seña, arma violenta e arroxadiza do españolismo máis furibundo.
Hai non moito o país e o estado semellaban paralizados, había unha crise galopante e a situación non tiña saída. Todo era pedir rodar de cabezas e medidas do goberno. Apenas unha semana despois, xa nada diso acontece, todo é “furor” pola “roja”, que é o que ocupa os xornais e telexornais. Como noutros tempos a igrexa, agora o fútbol semella ser o opio do pobo. Pan e circo, amigas e amigos.
Mañá sábado terá lugar unha nova convocatoria do Día do Orgullo LGBT, unha festa que conmemora, recoñece e aplaude a liberdade das orientacións sexuais. Unha festa distinta, atrevida, para reivindicar a pluralidade.
O Partido Popular escenificou esta pasada fin de semana unha unidade ficticia na que practicamente todo o mundo dixo o magnífica que era a nova secretaria xeral así como o novo equipo, parabéns que viñeron incluso do bando máis díscolo, por exemplo Esperanza Aguirre. Porén, as navalladas non tardaron nin unha semana en chegar.
Case non merecía a pena nin comentalo porque xa era sabido, pero como temos falado moito nos últimos tempos da UE, pois quizais non fose xusto esquecelo. En todo caso, todos os gobernos europeos apostaban por seguir adiante co Tratado de Lisboa, e hoxe foi a quenda do estado español, que vén de refrendar no parlamento (cos votos en contra do BNG, ERC e IU mais co apoio incondicional das dúas grandes forzas políticas) o tratado. Como se dixo, pois, pese a Irlanda, todo segue adiante.
Comentarios Recentes