Estaba escrito

Está pasando Engadir comentarios

Xoves, 26 de xuño de 2008

Case non merecía a pena nin comentalo porque xa era sabido, pero como temos falado moito nos últimos tempos da UE, pois quizais non fose xusto esquecelo. En todo caso, todos os gobernos europeos apostaban por seguir adiante co Tratado de Lisboa, e hoxe foi a quenda do estado español, que vén de refrendar no parlamento (cos votos en contra do BNG, ERC e IU mais co apoio incondicional das dúas grandes forzas políticas) o tratado. Como se dixo, pois, pese a Irlanda, todo segue adiante.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación