Xoves, 19 de xuño de 2008
Hai xente á que é moi malo deixarlle falar, porque despois despáchanse a gusto e xa non hai remedio. Tal lle acontece ao cura párroco de Vedra, quen despois de soltar barbaridades mil e unha sobre o “dialecto gallego”, deita nun libro, “Colección de trozos”, un bo número de xoias da igualdade que predica a igrexa á que representa. O “gracioso” do asunto é que o libro foi financiado por particulares: lerían o contido e serán, polo tanto, en parte responsábeis das barbaridades que nel se din?
Como xa fixemos onte, imos fuxir de comentarios e limitármonos a expor algúns dos extractos do libro, que aparecen recollidos nunha nova en El Correo Gallego:
“Arréglate para estar en casa con tu marido y vístete como le gusta”
“Ni él (debe) cortarle los garbanzos a su esposa ni ella reprocharle porque ha tomado una copa con los amigos”
“Darle algún dinero para que lo gaste a su gusto, sin pedirle cuentas de cómo lo ha gastado”
“No hables tú siempre, tu marido también tiene algo que decir”
“Dejarle completa libertad a tu marido para que se ocupe de sus negocios”
“Preparar con esmero comida variada y procurar tener la casa limpia y ordenada”
Estes son só algúns dos consellos que este “servidor de Deus” ten para as mulleres. Vendo estes e outros representantes da xerarquía eclesiástica, non é para sorprenderse que cada vez a xente pase máis da secta vaticana.
Ao fío disto, vén de coñecerse un curioso estudo que sinala que as persoas máis intelixentes tenden a crer menos en Deus. Como é obvio, xa houbo quen tachou o estudo de simplista. Para alén de xeneralizacións tan banais, visto o visto, é de agradecer que cada vez institucións como esta deixen de marcar a pauta e poidamos camiñar cara a unha socieade do século XXI. Afortunadamente, o predicamento do cura de Vedra non chegará nin ao conxunto da súa parroquia, quizais non moito máis aló das xentes que decidiron publicar o seu libro. Outro futuro é posíbel.




Comentarios Recentes