O galego e o arado

O que hai que oír Engadir comentarios

Martes, 17 de xuño de 2008

Que a Igrexa católica anda, por veces, a monte, era unha evidencia. Mais ás veces empéñase en superarse a si mesma. Hoxe imos aforrar comentarios e limitármonos a extractar algunhas frases recollidas nunha folla parroquial en Vedra sobre a nosa lingua. Aforramos comentarios porque non fan falla: ler para crer:

“Tamén os meus pais usaron o arado romano e o carro de bois e agora úsase o tractor, o coche e máquinas modernas.”

“Cada ano desaparecen no mundo uns 50 idiomas. Lástima que non desaparezan moitos máis.”

“Os nacionalistas padecen de miopía”, iso si, os nacionalistas galegos, porque a seguir aclara: “porque nacionalistas no bo sentido da palabra debemos ser todos (considerando Nación a toda España e non a un remendo soamente”.

“Nos anos 1940 prohibíannos falar galego no seminario. Hoxe din que aquelo era unha barbaridade. E eu digo que era un acerto”.

En fin, se quedastes con gañas de máis, velaquí a nova no Vieiros e o enlace ao blogue de Fandi de Arzúa (onde podedes ver o texto completo).

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in