E se isto pasase en Cuba ou Venezuela?

Revista de Prensa Comentar este artigo »

Mércores, 25 de xuño de 2008

Xa se ten falado nesta tribuna do difícil que é considerar imparcial á maioría da prensa mundial. E, peor aínda, moitas veces os silenzos son ben máis elocuentes que os longos discursos. A prensa estatal é grande amiga de contar en grandes titulares os ataques á liberdade de expresión cometidos por Cuba ou Venezuela, seica, pero non aplica igual raseiro con outros países. Véxase.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Hai futuro para a pesca galega?

Hoxe recomendamos... Comentar este artigo »

Martes, 24 de xuño de 2008

Sempre que hai momentos de crise, e ao final semella haber acordo en que este é un deles, póñense enriba da mesa alternativas para os sectores produtivos. Na Galiza, tristemente, xa é habitual escoitar receitas europeas que inclúen verbas como “reconversión” ou “medidas sociais de acompañamento” que o que buscan, de forma eufemística, e agochar o seu verdadeiro interese: destruír un dos nosos sectores produtivos estratéxicos. Por iso, nesta altura máis que nunca, traemos a este blogue (”roubado” do de Fandi Arzúa) un artigo do deputado nacionalista Bieito Lobeira, sob o título “Crise na pesca: hai alternativa”. 

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

O castelán, lingua agredida

O que hai que oír 4 Comentarios »

Luns, 23 de xuño de 2008

Hai días que se está mellor na cama. Ás veces, en espertando, hai que oír cousas difíciles de asumir. Hoxe é o día máis longo do ano, e hai cousas que fan que se faga aínda máis grande. Un grupo de “intelectuais” veñen de asinar publicamente un “manifiesto por la lengua común”. Din que moitas veces se usa a lingua de forma ideolóxica ou partidaria. Supoñemos que quen tal di se referirá a actos coma este.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Directiva de retorno ou directiva da vergoña?

Está pasando 1 Comentario »

Domingo, 22 de xuño de 2008

Moito toca falar ultimamente de Europa, pero case que non queda outra. A clase política europea aínda se pregunta polo non de Irlanda, e quizais parte do rexeitamento que a Europa que nos queren construír xera estea ben ás claras en feitos que se viron esta semana. Xa temos falado aquí da pretensión de ampliar a xornada laboral semanal máxima a 65 horas, o cal ninguén en Europa lles vai perdoar, e agora destápanse coa aprobación dunha directiva brutal cara á inmigración, que case nos pode levar a falar directamente de racismo. Esta non é a Europa que queremos.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

The best metod to learn galician

Hoxe recomendamos... Comentar este artigo »

Sábado, 21 de xuño de 2008

Vídeo-montaxe colgada na rede e feita a partires dun texto de Séchu Sende que forma parte do seu libro “Made in Galiza”.

Chuza! Chuza!
Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in