Con V de Valarés

Axenda Comentar este artigo »

Venres, 20 de xuño de 2008

A praia de Valarés acollerá mañá, un ano máis, o festival “Con V de Valarés”, unha festa popular que comezou hai uns cinco anos cando mozos e mozas, sobre todo da vila de Ponteceso, decidiron buscar un espazo alternativo ás festas carballesas de San Xoán e xuntarse a pasar unha noite  nun marco incomparábel, con música, churrasco e moitas gañas de festa. Aquilo foise organizando até converterse no actual festival, ao que unen a reivindicación do uso do topónimo Valarés, con V, atendendo ás orixes da palabra, no canto de Balarés, con B, como recolle a toponimia oficial.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Igrexa e igualdade ou a unión imposíbel

O que hai que oír Comentar este artigo »

Xoves, 19 de xuño de 2008

Hai xente á que é moi malo deixarlle falar, porque despois despáchanse a gusto e xa non hai remedio. Tal lle acontece ao cura párroco de Vedra, quen despois de soltar barbaridades mil e unha sobre o “dialecto gallego”, deita nun libro, “Colección de trozos”, un bo número de xoias da igualdade que predica a igrexa á que representa. O “gracioso” do asunto é que o libro foi financiado por particulares: lerían o contido e serán, polo tanto, en parte responsábeis das barbaridades que nel se din?

Como xa fixemos onte, imos fuxir de comentarios e limitármonos a expor algúns dos extractos do libro, que aparecen recollidos nunha nova en El Correo Gallego:

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Conflito lingüístico?

O que hai que oír Comentar este artigo »

Mércores, 18 de maio de 2008

Hai tempo xa que se vén defendendo a teoría, que dende aquí apoiamos, de que se non hai conflito lingüístico na Galiza é porque quen falamos galego non queremos que o haxa e aceptamos a situación de desigualdade actual, tolerando a imposibilidade de vermos cinema en galego, de casar na nosa lingua, dunha xustiza digna de ser chamada galega, dun ensino posíbel no noso idioma. Pero mirade por onde, co tempo, non foi así, e os tímidos avances do galego fan que outros levanten a caixa dos tronos e se teñan lanzado xa nunha campaña nada disimulada contra a lingua propia de Galiza.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

O galego e o arado

O que hai que oír Comentar este artigo »

Martes, 17 de xuño de 2008

Que a Igrexa católica anda, por veces, a monte, era unha evidencia. Mais ás veces empéñase en superarse a si mesma. Hoxe imos aforrar comentarios e limitármonos a extractar algunhas frases recollidas nunha folla parroquial en Vedra sobre a nosa lingua. Aforramos comentarios porque non fan falla: ler para crer:

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Adiante co Proxecto Fórum

Está pasando Comentar este artigo »

Luns, 16 de xuño de 2008

O nacionalismo é quen de gobernar e ilusionar. Os feitos demóstrano e hoxe xa ninguén o dubida. Unha inxección de máis de 3 millóns de euros chegados da UE demostran que unha vila como Carballo pode ser fonte de proxectos comunitarios e liderar a toda unha bisbarra nun eido clave nestes tempos complicados: o da creación de emprego.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!
Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación