Domingo, 08 de xuño de 2008
Intentan vendernos unha España moderna, pero a pouco que se rasca, sae á luz o verdadeiro cariz da “una, grande y libre”. O alcalde popular de Morón de la Frontera acaba de facer alcaldesa de honra da vila á virxe “María Auxiliadora”.
O “espectáculo” plenario, do que aquí vos deixamos unha reportaxe gráfica, foi maiúsculo. O alcalde rematou pedindo que se cantase no pleno unha “salve” (manda carallo co laicismo, aconfesionalidade ou como lle chamen…). O PSOE, co seu talante natural, optou por non acudir (así tampouco tiveron que opoñerse). Si quedou Izquierda Unida, que se levantou do asento cando o alcalde pediu que se cantase a salve. Nese momento, o alcalde pediu ademais que se asubiase a IU por este xesto. Un espectáculo ben triste na que quere ser unha democracia moderna. Por un estado laico, pero xa!!, que fai moita faltiña…



Xuño 9th, 2008 at 23:00
creo q aínda que iso ocorra noutro país deberiamos machacalos a correos electronicos e lograr q iso non sexa posible nun estado supostamente laico… no que tamen se fan funerales de esatdo, catolicos porsuposto
españa das pena