Chuza!

Xente na rede Engadir comentarios

Domingo, 06 de xullo de 2008

Chuza! representa unha oportunidade de información alternativa, construída de forma colectiva, e que recolle información, sobre todo, allea á que podemos atopar nos medios de comunicación convencionais.

Chuza! é un proxecto de Berto Yáñez que tenta crear un modelo de novas sociais na Galiza. A cousa consiste en que calquera usuario/a pode colgar unha nova, xa sexa información, opinión, referencia a outra información ou vídeo na rede… pero esta nova non está dispoñíbel entanto non recibe un número de votos suficientes por parte da comunidade usuaria.

Unha vez que calquera entrada recibe os apoios suficientes, pasa a formar parte da páxina de novas chuza.org, e aí pode ir recibindo sucesivos votos, non só de usuarios/as, senón tamén de visitas non rexistradas (é dicir, ti tamén podes votar) e isto fai que as noticias poidan tamén ser visualizadas como máis ou menos importantes en función do apoio que reciban.

O máis importante do proxecto chuza! é que permite coñecer cousas que non aparecen na prensa convencional. Por exemplo, hoxe, a través de chuza, podemos saber que a páxina web do Congreso ofrece unha versión accesíbel en inglés, mentres ignora a posibilidade de uso nas outras linguas cooficiais no estado español (velaí a súa promoción da multiculturalidade!), que Santiago de Compostela acollerá o I Congreso galego pola abolición da tauromaquia ou que a ministra francesa de interior se cartea con Batasuna. O dito, unha forma de coñecer esa realidade que non sempre é visíbel.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in