Don de linguas

O que hai que oír Engadir comentarios

Xoves, 03 de xullo de 2008

Dominar varias linguas é importante, interesante, enriquecedor. Dende aquí defendemos o uso do galego como a nosa lingua propia, mais valoramos como tremendamente positivo o coñecemento das linguas do mundo que nos permiten comunicarnos con moita xente alén Miño. Por iso, saudamos como positiva a nova, que estes días recollen varios medios de comunicación, de que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de educación, Laura Sánchez Piñón, veñan de presentar campamentos de idiomas, malia que non entendemos que teñan que levar algúns fóra do territorio galego, pois para aprender francés ou inglés non entendemos a que teñen que ir a Palencia, por exemplo. No entanto, e recalcando o carácter positivo da iniciativa, aconsellámoslles que aproveiten para mandar a un deses campamentos ao seu compañeiro de partido, José Luis Rodríguez Zapatero. Vexan, senón, o dominio de ZP con inglés e francés, respectivamente. Espectacular, aínda que os vídeos xa teñen un tempo, pensamos que non foron moi difundidos, así que aproveitamos.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in