Hoxe, os líderes de BNG, PNV e CiU interviron xuntos en Santiago de Compostela nun paralelismo co acontecido hai 75 anos (daquelas fora un 25 de xullo, desta volta adiouse un día polo festigal). Cambian os protagonistas, mais as mensaxes e as reivindicacións permanecen despois de case un século de irmanamento das nacións ás que o estado español lles nega o dereito á vida.
25 de xullo, Día da Patria Galega, todo fica en suspenso pola mañá. E isto é debido, como non podía ser menos, a que todo o mundo ten que estar na grande manifestación que, ás 12 horas, partirá da alameda compostelá cara á praza da Quintana. Despois, o tradicional xantar na carballeira, e pola tarde, máis Festigal. Pincha en ler máis para ver a programación do 25.
Ás doce da mañá arrinca o Festigal ‘08 cunha oferta amplísima e variada, de charlas, presentacións de libros, música… Pincha en ler máis para ver toda a oferta que o campus sur da universidade compostelá recolle para hoxe.
O vindeiro venres festexaremos, un ano máis, o noso día grande, o Día de Galiza, o Día da Patria. Vén sendo así dende hai case nove décadas, e así seguirá a ser cada ano con máis forza.
O 25 de xullo foi instaurado como Día da Patria polas Irmandades da Fala no ano 1919, festexándose por primeira vez o ano seguinte. Prohibido durante a ditadura, foi non obstante conmemorado por sectores do galeguismo na emigración, e dentro do país, a Unión do Povo Galego e o Partigo Socialista Galego (pouco que ver co actual PSdeG) volveron convocar unha manifestación no noso país no ano 1968, manifestación que acabaría con cargas policiais.
Aínda que coa chegada da democracia a Xunta proclamou no ano 1979 o 25 de xullo Día de Galiza, as manifestacións seguiron a estar prohibidas até ben mediados da década dos 80. No entanto, AN-PG e BN-PG convocarían manifestacións no noso día grande, con diversos resultados no que toca á represión policial, e dende entón vense xa organizando ininterrompidamente.
Na actualidade, o BNG convoca todos ano a ano unha manifestación que, saíndo ás 12 da mañá da alameda compostelá e rematando na Praza da Quintana, reúne todos os anos a milleiros de persoas. Ademais, van xa varias edicións, Galiza Nova, a Fundación Galiza Sempre e unha comisión de diversas persoas organiza o festigal, que durante dous días rende tributo a esta nosa terra.
Non o esquezas, o 25 de xullo, Día da Patria, todos e todas a Compostela.
O que acontece a diario en Oriente Medio hai xa ben tempo que sobrepasou o límite do racionalmente tolerábel. Os continuos abusos por parte do estato israelí, xunto ás accións de resposta do pobo palestino, constitúen, hai xa ben tempo, un dos maiores ridículos dunha comunidade internacional inoperante e sometida aos designios dos EEUU (baixo influencia do “lobby” israelí), mirando para outro lado dunha maneira obscena.
No entanto, hai veces en que a realidade se supera a peor. Estes días anda pola rede un vídeo da organización B’Tselem na que se aprecia un paso máis: un soldado israelí dispara sen piedade a un palestino que xa estaba detido e esposado. Velaquí o vídeo, non fan falta máis palabras.
Comentarios Recentes