Máis sobre lingua e balanzas fiscais

Hoxe recomendamos... Comentar este artigo »

Luns, 21 de xullo de 2008

Hoxe recomendamos uns apuntamentos sobre dous temas aquí xa tratados. Por unha banda, o tema das balanzas fiscais, de actualidade esta semana. A seguir, na liña do que aquí se dixo, pero máis breve, claro e contundente, Anxo Quintana. O vídeo resume en pouco máis dun minuto o que pode ser unha postura galega sobre o tema.

E, no que toca ao famoso, xa, manifesto pola “lengua común”, das múltiples respostas que se teñen producido, recomendamos, pola claridade de ideas, o artigo que asinan conxuntamente mestres universitarios de todo o estado, entre eles Carlos Taibo. Ler artigo.

Chuza! Chuza!

Software libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto

Está pasando 1 Comentario »

Domingo, 20 de xullo de 2008

O título deste artigo, realmente, é un plaxio do título dun libro do autor catalán Jordi Mas i Hernández, traducido ao galego para Biblos por Daniel Romero e Ana Salgado hai un par de anos. Traemos esta temática a este blogue porque é ben interesante e nunca aquí se tratara. Ademais, estes días está de actualidade, xa que foi un dos eixos centrais do IV Curso de Verán da Universidade da Coruña que tivo lugar en Carballo esta semana (relacionado, tamén, co tema da lingua), e porque vai ocupar o seu espazo tamén no festigal, sendo obxecto dalgunha charla e dun espazo específico cunha carpa durante os dous días. Mais, por que este título?

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

E ti, canto sabes?

Festigal Comentar este artigo »

Sábado, 19 de xullo de 2008

Con motivo da presente edición do Festigal, organizouse o I Primeiro campionato de Trivial.gz. O Trivial é un xogo xa clásico, mais a AS-PG deulle unha volta e adaptouno á realidade do país, polo que, ademais de termos na nosa lingua as preguntas e respostas, ten unha longa listaxe de preguntas que versan sobre Galiza, para alén das referidas a cultura xeral (cinema, xeografía e historia…).

Aínda que xa rematou o prazo de inscrición para o campionato (de feito, o propio campionato remata xa o día 22 deste mes), non deixedes de darvos unha volta polo trivial e botar unha partidiña, a ver canto sabedes do país. Velaquí o enlace.

Chuza! Chuza!

Revenidas ‘08

Axenda Comentar este artigo »

Venres, 18 de xullo de 2008

Se cadra xa chegamos tarde, se cadra aínda non. Para quen non teña plans para esta fin de semana que arrinca, un festival cun cartel de luxo: Revenidas 08. O cartel é galego e potente: Ataque Escampe, Som do Galpom, Arpioni, Galegoz, Serra-lhe aí!, O sonoro maxín, Che Sudaka, Os xirifeiros, Os terribles de Arousa, UnhaGrandeChea, Tino Baz, Capitan Sinho, Marcos Payno, O infante terrible, Peter Punk, Magnifique Band… Vamos, unha fin de semana chea de música. Se non tes plan, achégate a Vilaxoán. Bota un ollo á web do Revenidas ‘08

Chuza! Chuza!

Analfabetos gabanciosos

Liñas de combate Comentar este artigo »

Venres, 18 de xullo de 2008

Chámase analfabeto aquel que non sabe lere nin escribire e, polo xeral, aplícase iste cualificativo os que non manexan a lectura nin a escritura do propio idioma, do idioma nativo.

Porque, fora de ahí, todos somos analfabetos dos idiomas alleos e, sinón todos e de todos, sí, polo menos, dos máis diles.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!
Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación