Pobre neno rico

Está pasando Engadir comentarios

Mércores, 30 de xullo de 2008

Hai titulares que é difícil resistirse a comentar, ou que incluso, con traelos e expolos, xa fican comentados. Velaquí un caso: Fernando Martín, o multimillonario que quere ser insolvente. Un home que o ano pasado declarou beneficios de case cen millóns de euros, que posúe participacións empresariais nalgunhas das máis importantes multinacionais do estado, acode ao xulgado para pedir concurso de acredores sobre a súa persoa.

Este é o país que temos, o país do capital. A grande reflexión é: para toda a xente que ficará no paro despois da quebra de Martinsa-Fadesa, haberá concurso de acredores? É máis, poderán declararse insolventes e non pagar a luz, o gas…? A vida é a repanocha. E este home, que seica non ten un can e acude ao xulgado a declararse na ruina, vivirá debaixo dunha ponte no que lle resta de vida ou manterá a residencia nas súas mansións? Como é obvio, evitaremos dar respostas innecesarias. Esta é, amigos e amigas, a realidade do mundo capitalista que nos están a construír, unha realidade bastante obscena.

2 Comentarios a “Pobre neno rico”

  1. suqui dixo:

    Un saúdo dende as terras do Deza, e grazas polos enlaces que fas a Vieiros.
    Sucasas.

  2. Pondal dixo:

    Amigo Sucasas, os teus artigos hai que recomendalos si ou si. Sempre impecábel.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in