Mércores, 23 de xullo de 2008
Ás doce da mañá arrinca o Festigal ‘08 cunha oferta amplísima e variada, de charlas, presentacións de libros, música… Pincha en ler máis para ver toda a oferta que o campus sur da universidade compostelá recolle para hoxe.
Na Galería das Ideas haberá charlas coloquio sobre o centenario de Curros Enríquez (13 horas), a crise económica (17 horas) e 3 anos de cambio transformador na Xunta de Galiza (19.30 horas).
Na Galería das Letras presentaranse varios libros, como uns monográficos de Andaina (17 horas), Os Milagres de Cristamar, de Chelo Suárez (17.45 horas), Atrlas histórico de Galiza (19.15 horas) e Cantos e fragmentos de Safo (20 horas). Ademais, haberá un recital de poesía (18.30 horas) e entregaranse os premios do I Campionato día da Patria Galega de Trivial GZ (20.45 horas).
Na Galería Audivisual haberá programación continuada dende as 11 da mañá cun innumerábel número de filmes ao longo do día. Abrirá “Pó de estrelas” (11 horas) e pechará “Leo” (19.30 horas), e polo medio outros moitos filmes. Podes consultar a programación completa na web do Festigal.
Na Galería de Infantil haberá inchábeis a partir das 5 da tarde, e abrirase tamén (é o primeiro ano), un espazo de cultura tradicional, onde haberá mostras varias, ademais de obradoiros a partir das 5 da tarde. Ás 6 e media haberá unha exhibición de loita galega.
Galiza Nova, ademais, homenaxeará, como todos os anos, as figuras de Rosalía e Castelao. Será en San Domingos de Bonaval a partires das 17.30 horas, e intervirán Francisco Rodríguez e Iria Aboi. Ademais, leranse textos tanto de Rosalía como de Castelao e haberá unha actuación musical.
E máis, moito máis, con exposicións de librarías (Andel do Libro, A palabra perduda, Pedreira), editoriais (OQO, Rinoceronte, Urco, A Nosa Terra, Galaxia, Xerais, Lonxa Cultural), exposicións (XX anos de Galiza Nova, O himno, os tempos son chegados), unha galería do software libre, un café concerto, un espazo de maxia, unha feira de asociacións con máis de vinte colectivos do país… e pola noite, concertos con:
Nao, Soños por cumprir
Caravan Palace, Café de la danse
Lamatumbá, Licor do negro café
The Internacional Noise Conspiracy, Comunist Moon


Comentarios Recentes