Punto de encontro

Festigal Engadir comentarios

Mércores, 02 de xullo de 2008

Nao, Caravan Palace, Lamatumbá, The Internacional Noise Conspiracy, Víctor Aneiros Band, Quempallou (por certo, autores da canción que agora mesmo escoitas), Pablo Milanés e Berrogüeto xa quedaron nun mesmo lugar nunhas mesmas datas. E ti, vas faltar?

Aínda non se coñece o deseño do cartaz (como se pode comprobar, o que aparece na imaxe corresponde coa edición do ano pasado) nin está aínda á vista o programa completo do Festigal 2008, mais a páxina web xa nos ofrece como adianto o conxunto de actuacións musicais que encherán o campus sur compostelán as noites do 24 e 25 de xullo.

O Festigal é a grande festa do nacionalismo, artellada arredor do día da patria (que segue sendo a xornada central, e nela, a grande manifestación que ás 12 da mañá sairá da alameda), herdeira das arengas da mocidade antano programadas por Galiza Nova, e organizada, como todos os anos, pola Comisión Festigal, a fundación Galiza Sempre e a propia organización xuvenil Galiza Nova.

No Festigal sempre tiveron acubillo as máis diversas propostas: concertos, proxeccións audiovisuais, debates sobre temas de interese e actualidade, presentacións de libros, galerías de artesanía e asociacións, e unha longa proposta de actividades que, para o presente ano (será a sétima edición), como se dixo, aínda non se coñecen na súa totalidade.

O dito, se tiñades plans, anuládeos. Este 24  e 25 de xullo, todos e todas a Compostela, o país está de festa e non podedes faltar.

 

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in