Unha de ver e unha de ler

Hoxe recomendamos... Engadir comentarios

Martes, 01 de xullo de 2008

Comezamos o mes con recomendacións, con dúas propostas ben interesantes. A primeira é esta curtametraxe en lingua portuguesa, que pensamos que xa ten o seu tempo pero que vimos de re-atopar na rede e aproveitamos para colgar aquí. Chámase a Illa das flores, dura uns dez minutos e, a pesar da duración, aconsellámosvos que a vexades até o final. Pode semellar confusa ao comezo, que non ten moito sentido, pero ten todo o sentido do mundo e o final é tremendo. Dá que pensar sobre o mundo que temos.

De segunda recomendación un novo artigo do xenial José Luis Sucasas. A este home váiselle atopando de cando en cando pola rede, e sempre que aparece é demoledor. O seu último artigo vén a conto de algo que xa temos falado aquí noutras ocasións, como é a suposta problemática de quen fala castelán en Galiza. De veras, o artigo é lapidario. A enorme retranca de Sucasas consegue obras mestras como estas. Para ler o artigo, clicade aquí.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in