Unha volta polo Vieiros

Hoxe recomendamos... Engadir comentarios

Mércores, 09 de xullo de 2008

Hoxe aconsellamos un algo de lectura para este tempo estival. En datas de poucos acontecementos, uns cantos artigos como lectura recomendada para reflexionar e aprofundar sobre algúns temas que aquí xa temos tratado, achegando novos datos ou perspectivas. Pincha en ler máis.

O profesor Farruco Graña aborda o tema do xa tristemente famoso manifesto pola lingua “común”, cun toque de ironía que quizais lle faltou á reflexión que no seu día fixemos neste mesmo blogue. Ler artigo.

Marcelino Fernández Mallo repara nun feito aquí xa comentado, o da innumerábel actualidade que está a xerar a UE, e trata no seu artigo de cuestións que tamén aquí foron obxecto de reflexión, como a directiva do retorno, a xornada laboral de 65 horas ou o non irlandés. Ler artigo.

O sempre xenial Dani Álvarez, dende o seu “desterro” en Euskadi, asina un artigo cun título moi suxerente: “outro mundo posible; outra España, imposible”. Partindo do tema do fútbol como sedante ante a crise, e rematando tamén no tema do mencionado manifesto, trata con boas doses de retranca o ”rexurdir” do nacionalismo español. Ler artigo

Boa lectura.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in