Vai de blogue

É historia Comentar este artigo »

Domingo, 31 de agosto de 2008

Dende hai catro anos, o 31 de agosto é o día da blogosfera (blogday, na súa acepción inglesa e orixinaria). No día da blogosfera proponse escribir sobre a cuestión e propoñer, na súa web, o nome de cinco blogues que dar a coñecer ao mundo.

Dende acó, aproveitamos esta data para recomendar unha viaxe pola blogosfera galega, un espazo que está a servir para unha acaída presenza da nosa lingua na rede. De feito, na iniciativa Blogues pola lingua hai xa 148 bitácoras galegas adheridas, máis dun cento de persoas que case a diario debullan na rede o máis diverso mundo dende e para Galiza (por suposto, Nas terras de Pondal tamén está alí).

Na blogosfera galega podedes atopar do máis variado, e por facer as nosas achegas, velaquí cinco recomendacións da blogosfera galega: 1) Contradiscurso 3.0, un dos promotores dos blogues pola lingua, é a bitácora do vigués Xabier Pérez igrexas, e analiza a cotío a realidade galega, centrándose sobre todo en temas de política; 2) Para quen guste de literatura, o blogue de Xabier P. Docampo, un dos nosos mellores literatos da actualidade; 3) Se estes días recomendabamos o blogue da revista Retranca, non sería xusto deixar de recomendar outra das publicacións clásicas da banda deseñada galega, BDBanda; 4) Que che vou contar, un blogue centrado nas tecnoloxías da comunicación e o software libre; o caderno do Silvio, o blogue dun galego emigrado en Barcelona e as súas reflexións e comparativas sobre Galiza, Catalunya e o estado.

En calquera caso, está foi só unha escolla case aleatoria, a blogoteca galega ofrece moito. A propia sección de adhesións de blogues pola lingua ofrece cantidade e variedade. Se tedes tempo, dádelle unha volta.

Chuza! Chuza!

Plano de acuicultura: a verdadeira historia

Está pasando Comentar este artigo »

Sábado, 30 de agosto de 2008

O Consello da Xunta daba luz verde, o pasado xoves, ao Plano de Acuicultura. Todos os flashes estaban postos no adianto ou non adianto electoral, e quizais por iso Touriño aproveitou para meter un dos temas máis conflitivos dos últimos tempos, agardando que quedase á sombra da gran noticia. En calquera caso, Bergantiños e a Costa da Morte non van deixar pasar por alto esta aprobación, e é o momento dunha análise seria, rigorosa, que poña luz sobre o asunto, así que iso intentaremos.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Pois depende a quen lle preguntes…

Revista de Prensa Comentar este artigo »

Venres, 29 de agosto de 2008

Está ben tomada a decisión de non adiantar as eleccións galegas a este outono? Pois haberá quen diga unha cousa ou a contraria, que cadaquén, como é lóxico, ve a feira segundo lle vai nela. Por iso, as declaracións dos partidos políticos deben entenderse nesa clave.

No entanto, esta constitúe unha boa ocasión para valorarmos o que xa temos dito, como é o feito de a prensa non ser parte externa ao xogo político. Non hai data para as eleccións, pero a pre-campaña, oficiosamente, xa comezou, e cada medio de comunicación arrima a ascua á súa sardiña. Vexámolo.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Non hai présa!

Está pasando Comentar este artigo »

Xoves, 28 de agosto de 2008

Despois de meses desfollando a margarita, agora resulta que non hai présa: as eleccións galegas terán lugar cando se prevía, isto é, á altura do mes de marzo de 2009. Así o confirmou hoxe o presidente da Xunta, quen ten a competencia para facer a convocatoria electoral.

Se non había présa, quizais tivera sido mellor non ter andado con tanto conto (tres meses, case), que se si, que se non, mentindo e desmentindo, con presións de aquí e de acolá. Touriño quixo petar na mesa e dar na fronte do PP (que xa fixera aposta pública por este outono) e incluso de certos sectores do seu partido (Pepe Blanco, Ricardo Varela…) que eran quen máis reclamaban o adianto. Comezan agora xa que logo, aínda que non se diga, sete meses de longa precampaña.

PD: Descúlpese o mellorábel criterio de ilustrar esta nova cun vídeo dos Tonechos, pero acaíalle ao conto. Seguiremos a parolar das eleccións galegas, agora semella que xa, si, con calma.

Chuza! Chuza!

“Non me compare o catalán co galego! O catalán é un idioma importante”

O que hai que oír Comentar este artigo »

Mércores, 27 de agosto de 2008

Hai barra libre? O feito de considerar a unha persoa “intelectual” (tampouco está claro quen expide esta clase de títulos) fai que todo o que esa persoa diga deba ser tomado, sequera, en consideración?Ou resulta que cada persoa ten na súa vida dereito a un número determinado de meteduras de zoca, e a intelectualidade tamén as aproveita? Non se entende, non…

Ler máis… »

Chuza! Chuza!
Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación