Xoves, 21 de agosto de 2008
Unha sección sobre a lingua galega non podía comezar con outro consello máis acaído ca este: goza coa túa lingua. A lingua hai que vivila, pero sobre todo é para vivir, para desenvolvérmonos no día a día.
En todo caso, a razón do titular é a de reiterar a necesidade de usar o termo gozar no canto dos castelanismos *disfrutar ou *desfrutar, calquera deles incorrectos por innecesarios no noso idioma.
Tal e como recolle o dicionario da Real Academia Galega, gozar ten o sentido de vivir algo pracenteiro (”goza facendo trasnadas”, “goza facendo o amor”), o de estar en posesión de algo positivo ou beneficioso (neste caso seguido da preposición de: “goza de fama internacional”, “goza de moitos privilexios”) e o de aproveitarse do efecto beneficioso de algo (”que o goces moitos anos”).
Así que xa sabes, deixa de “disfrutar”, e ponte a gozar coa túa lingua!



Agosto 22nd, 2008 at 14:56
Pois non é tanto así. Dependendo da fonte que se consulte, “desfrutar” tamén aparece recollido…