Luns, 18 de agosto de 2008
“Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá eispresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas doores e as perdurables espranzas do pobo galego; se aínda somos difrentes e capaces de eisistir, non é máis que por obra e gracia do idioma.Velahí porque o autor dun libro galego sempre será un patriota e porque os que refugan a nosa fala non son dinos de chamarse galegos, porque desprecian o cerne da nosa democracia e cegan as mellores fontes de creación. ¿Cómo chamaríamos a un home que consentise o derrubamento do Pórtico da Groria? Pois é certamente máis bárbaro quen deixa morrer un idioma: obra de arte insuperable, feita con amor, con door e con ledicia polos nosos antergos, que recibimos en herdo e que temos a obriga de enriquecer co esprito do noso tempo.”
Así escribía Castelao, no ano 1934, no prólogo ao libro Antre dous séculos, de Álvarez Limeses. É unha boa reflexión, de certo. Como tamén o é, e tristemente actual, a que recolle este poema que apareceu na revista “O tío Marcos da Portela” no ano 1876:




Comentarios Recentes