O noitebús, botellón subvencionado

O que hai que oír Engadir comentarios

Venres, 01 de agosto de 2008

Xa hai uns días destas declaracións, pero a actualidade levounos por outros derroteiros e non queriamos deixar de referírmonos a este tema, por outra parte xa recurrente. O alcalde “popular” de Baiona califica a iniciativa do noitebús de “botellón subvencionado” (ver noticia) e pide a supresión do servizo entre a súa vila e Vigo, que non solicitaran e que din que lles está a causar un grande perxuízo.

Máis aló da defensa que aquí fixemos e faremos sempre desta iniciativa do transporte nocturno, non deixa de parecernos extemporánea unha nova e falaz argumentación: a mocidade bebe porque non ten que conducir. Afortunadamente, a mocidade pode non conducir nas noites de movida, evitando así riscos para as súas vidas. O alcol xa estaba aí antes do noitebús, e seguirao a estar, a moito que se suprima este servizo, porque, para ben ou para mal, é un elemento da nosa sociedade, e non só da nosa mocidade.

No entanto, os posíbeis efectos negativos da movida nocturna (igual que os das demais concentracións de persoas, como festas populares, feiras e mercados…) deben ser minimizados pola acción das administracións públicas, mais pensar que suprimindo o noitebús a xente deixará de ir de movida á súa vila demostra a altura intelectual deste alcalde.

1 Comentario a “O noitebús, botellón subvencionado”

  1. Nas terras de Pondal » Blog Archive » Cando os feitos dan a razón dixo:

    [...] alén de barbaridades como as declaracións do alcalde “popular” de Baiona, definindo o noitebús como “botellón [...]

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación