Patria ou morte, venceremos

Alén Miño, Está pasando Engadir comentarios

Luns, 11 de agosto de 2008

Michelle Bachelet, Tabaré Vázquez, Hugo Chávez, Lula da Silva… Algo está a cambiar pola esquerda en América Latina. Agora, en Bolivia, nunha mostra poderosa de democracia, o primeiro presidente indíxena da historia, Evo Morales, vén de superar, segundo os inquéritos (os resultados oficiais non se coñecerán até o xoves) con suficiencia un referendo revogatorio ao que non tiña por que terse sometido, apenas dous anos despois da súa escolla. Foi unha nova festa da democracia e, malia á división que vive o país (con grandes provincias en mans dunha dereita opositora que ameaza boicotes e secesións), Evo saiu con máis respaldo que na súa elección presidencial, ofreceu diálogo e seguir adiante co camiño emprendido. Parabéns, Evo.

Máis información, na nosa lingua, sobre os resultados en Bolivia nos xornais electrónicos A Nosa Terra, GzNación e Vieiros.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in