A nosa contribución á lingua

Coida a túa lingua Engadir comentarios

Domingo, 07 de setembro de 2008

Pois si, cadaquén temos que axudar a que a nosa lingua permaneza e mellore, depurándose, no posíbel, de castelanismos e erros innecesarios. Tal é o caso dos termos que hoxe nos ocupan.

En galego, “aportar” só aportan os barcos cando chegan a porto. Ese é o único significado que en galego debe dárselle a esta palabra. Non caben, polo tanto, nin *aportacións económicas nin *aportes calóricos ninha dieta.

Na nosa lingua, para estes significados, podemos botar man das familias léxicas de achegar e contribuír. Deste xeito, pódese facer unha achega económica ou pódese contribuír á mellora da nosa dieta con máis ou menos calorías, mais non hai nada que *aportarlles. Na Galiza, pobo mariñeiro, só aportan os barcos cando voltan á terriña!

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación