Luns, 29 de setembro de 2008
Para alén de barbaridades como as declaracións do alcalde “popular” de Baiona, definindo o noitebús como “botellón subvencionado”, que a Costa da Morte precisa melloras no seu servizo de transporte público é unha obviedade, e que a mocidade debe ter alternativas para o desprazamento ao seu ocio nocturno, pois tamén.
A reportaxe que hoxe ofrece La Voz deixa latente a insuficiencia dunha iniciativa de por si moi positiva. A posta en marcha do servizo de Noitebús tivo un acollemento dispar ao longo do país, sobre todo debido á posta en marcha errática desta boa nova (lanzamento só en períodos concretos, modificación de rutas, supresión de percorridos…).
No entanto, a realidade de cada sábado demostra que na Laracha hai dema
nda máis que suficiente para este servizo. Isto fai que non se poida máis que reclamar a súa melloría, e que non cheguemos a entender cales foron os motivos que levaron á Consellaría de Política Territorial a reducir o servizo nun punto no que a demanda era e segue a ser moi alta.
Dende este humilde espazo, o noso apoio á reivindicación de máis noitebús (non só na Laracha, senón no conxunto do país) que, agora, parece mentira, acolle de xeito unánime toda a sociedade larachesa. Agardemos que desta volta impere o sentido común e se consiga unha ampliación do servizo acorde ás necesidades.



Comentarios Recentes