Lingua e empresa

Hoxe recomendamos... Engadir comentarios

Mércores, 24 de setembro de 2008

“Comecemos pola idea tan repetida de que o galego se está a “impoñer” por determinadas institucións e leis. As leis son promovidas polo goberno da Xunta e aprobadas polo Parlamento galego, que todas e todos os galegos eliximos nas urnas. Son, pois, resultado dos consensos de institucións elixidas polos cidadáns. Están vostedes en contra de que así se faga? Canto á lei sobre a toponimia, xa foi referendada polo Tribunal Constitucional. Só é válida a Constitución cando impón o “deber” de coñecer o español? Sería aconsellable que consultasen tamén a lexislación europea e internacional en materia lingüística: da UNESCO, da Unión Europea, do Consello de Europa… ratificada e asinada polo Estado Español, como a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que en relación ao sector económico afirma que os asinantes deben “oporse ás prácticas encamiñadas a desalentar o emprego de linguas rexionais ou minoritarias no marco das actividades económicas ou sociais” (Artigo 13, 1.c).”

Falabamos estes días de lingua e igrexa, e tamén é certo que o que máis está de actualidade é a cuestión da lingua na empresa, a raíz da declaración dun clube empresarial vigués. O extracto que arriba se refire é dun artigo moi interesante de Anxo Gómez (ler aquí), que desmonta, unha vez máis, toda a serie de tópicos repetidos até a saciedade e que aparecían no pronunciamento dese certo sector do empresariado vigués. Botádelle un ollo, os argumentos son claros e contundentes.

1 Comentario a “Lingua e empresa”

  1. Moncho dixo:

    Exemplos de represión do Galego:

    Tres traballadores denuncian discriminación por falar en galego :
    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/07/5174647.shtml

    SANCIÓN POLO EMPREGO DO GALEGO REVOGADA POLA XUSTIZA:
    http://cigtelefonica.com/comunicados/pdf/2004/sancion_galego.pdf

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in